| Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros | | 07-Sep, 2010 |
Calendario
| Lun | Mar | M茅r | Xov | Ven | S谩b | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 |
Subvenci贸ns Fomento da Investigaci贸n e da Innovaci贸n Empresarial en Galicia 2010.
Orde do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (códigos de procedemento IN841A, IN841B, IN841C, IN841D e IN841E).
Prazo de presentación: ata o 8 de agosto de 2010. MODIFICADO ATA O 21 DE AGOSTO DE 2010.
Prazos de presentación da documentación xustificativa:
-Expedientes dunha anualidade: 15 de novembro de 2010. -Expedientes plurianuais (1ª anualidade): 30 de novembro de 2010. MODIFICADO ESTE PRAZO ATA O 15 DE DECEMBRO DE 2010.
-Expedientes plurianuais (resto de anualidades): 30 de novembro da anualidade de que se trate. MODIFICADO ESTE PRAZO: 31 DE OUTUBRO DA ANUALIDADE DE QUE SE TRATE.
Procedementos:
- Plataformas tecnolóxicas. IN841A. Anexo I.
- Realización de estudos de viabilidade técnica de carácter preparatorio para actividades de investigación industrial e desenvolvemento tecnolóxico.
Estes estudos estarán destinados á adquisición de coñecementos que poidan resultar de utilidade e garantir a creación ou mellora de produtos, procesos ou servizos, a través da realización posterior dun proxecto de investigación ou desenvolvemento tecnolóxico. Non se admitirán proxectos que teñan como finalidade a implantación dunha determinada norma ou certificación.
Beneficiarios: empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
IN841B. Anexo II.
- Realización de proxectos de innovación. IN841C. Anexo III.
Dúas modalidades para proxectos como máximo de tres anualidades contando a do 2010:
-Innovacións para a xestión:
a) Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos.
b) Innovación de márketing. Implantación de técnicas de márketing destinadas a mellorar a capacidade da empresa nos eidos da distribución, adaptación ao cliente e servizo posvenda.
c) Innovación de loxística. Implantación de técnicas de xestión loxística.
-Innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto:
a) Innovación de proceso. Implementación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou moi mellorado
b) Innovación de produto. Introdución dun ben ou dun servizo novo, ou significativamente mellorado, en canto ás súas características ou en canto ao uso ao que se destina.
Beneficiarios: empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, así como as agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os anteriores requisitos.
Cuantía das Subvencións: Nos proxectos presentados por pemes estas subvencións poderán acadar o 35% do custo subvencionable para pequenas empresas e o 25% para empresas medianas. Nos presentados por grandes empresas poderán acadar o 15% do custo subvencionable.
Valoración: Terase en conta Coherencia dos obxectivos coa política científica e tecnolóxica da Xunta de Galicia e, ademais, no caso das pemes, que a empresa teña solicitado formar parte da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA) (máximo 14 puntos).
- Cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais. IN841D. Anexo IV.
-Preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais. IN841E. Anexo V.
As subvencións recollidas nos procedementos IN841A, IN841B, IN841C e IN841D concederanse para a realización dos proxectos que se inicien con posterioridade á presentación da solicitude de subvención.
Os beneficiarios das axudas reguladas nesta orde de convocatoria poderán subcontratar, como máximo, ata o 50% do importe da actividade subvencionada.
Posibilidade de pagos anticipados de ata un 80% da subvención concedida.
© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados
Aviso Legal
(Galego Castellano)
Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve



