| Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros | | 07-Sep, 2010 |
Calendario
| Lun | Mar | M茅r | Xov | Ven | S谩b | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 |
Subvenci贸ns Programas Sectoriais de Investigaci贸n Aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan IN.CI.TE.
Tecnoloxías sectoriais:
-Medio rural (MRU).
-Medio mariño (MMA).
-Recursos enerxéticos e mineiros (REM).
-Medio natural e desenvolvemento sustentable (MDS).
-Biomedicina e ciencias da saúde (CSA).
-Tecnoloxías da alimentación (TAL).
-Tecnoloxías dos materiais e da construción (TMT).
-Deseño e produción industrial:
Modalidade A. Deseño e produción industrial (DPI).
Modalidade B. Deseño e produción na automoción (DPA).
-Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
-Sociedade da información (SIN).
-Sociedade e cultura (SEC).
-Turismo (TUR).
Prazo presentación solicitudes: 7 de agosto de 2010.
Beneficiarios:
A. Proxectos individuais, proxectos realizados por unha sola entidade sendo esta calquera das citadas como beneficiario:
1. Equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación, entes e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia: proxectos de investigación aplicada.
2. Centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia: proxectos de investigación aplicada.
3. Empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado, ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación:
Proxectos de investigación industrial.
Proxectos de desenvolvemento experimental.
B. Proxectos en colaboración, proxectos realizados por máis dunha entidade, sendo esta calquera das citadas como beneficiario.
C. Proxectos solicitados polos distintos axentes do sistema galego de I+D con avaliación positiva nas convocatorias conxuntas de axudas para proxectos de investigación dentro de ERA-NET LEADERA e ERA-NET MATERA+, nas que a Consellería de Economía e Industria é socio rexional.
Prazo presentación xustificación:
Todas as anualidades agas a última: 15 de decembro (certificación de gastos e pagamentos)
Derradeira anualidade 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate (certificación de gastos e pagamentos).
Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Primeira anualidade Desde a data de presentación da solicitude ata o 15 de decembro de 2010.
Restantes anualidades Desde o 16 de decembro do exercicio anterior ata o 15 de decembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate.
Derradeira anualidade Desde o 16 de decembro do exercicio anterior ata o 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate.
Contía da Axuda: (empresas)
A intensidade da axuda non poderá superar o 50% do custo subvencionable do proxecto no caso de investigación industrial e o 25% no caso de proxectos de desenvolvemento experimental. Estes valores poderán aumentarse como se indica na seguinte táboa.
Incremento de intensidades de axudas
Pequena empresa Mediana empresa Gran empresa
Investigación industrial 70% 60% 50%
Desarrollo experimental 45% 35% 25%
Valoración dos proxectos
A valoración realizada pola comisión de selección terá un máximo de 30 puntos e nela avaliaranse os seguintes aspectos:
1. Coherencia dos obxectivos do proxecto coa política científica e tecnolóxica da Xunta de Galicia (máximo 18 puntos), valorarase:
-A adecuación do proxecto ás liñas prioritarias da tecnoloxía sectorial correspondente detalladas no anexo V desta orde; de ser o caso, a súa adecuación ás liñas específicas aprobadas na axenda estratégica da plataforma tecnolóxica correspondente, así como, no caso das pemes, que a empresa teña solicitado formar parte da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA).
2. Proxectos que se realicen con subcontratación de organismos públicos de investigación ou con centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia (máximo 3 puntos).
3. Composición e dedicación do equipo (máximo 4 puntos). Teranse en conta o grao de dedicación ao proxecto e a participación de investigadoras no equipo, principalmente na planificación, coordinación e na dirección da investigación.
4. Empresas adheridas ás plataformas tecnológicas galegas e activas nos seus correspondentes grupos de traballo, así como empresas cualificadas como IEBTS (Iniciativas de emprego de base tecnolóxica) pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo (4 puntos).
5. De conformidade co establecido no artigo 20.2º l da Lei 9/2007, por utilización da lingua galega na realización de actividades ou condutas para as que se solicita a axuda (1 punto).
© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados
Aviso Legal
(Galego Castellano)
Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve



