| Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros | | 07-Sep, 2010 |
Calendario
| Lun | Mar | M茅r | Xov | Ven | S谩b | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 |
Subvenci贸ns para a Mobilizaci贸n, Dinamizaci贸n e Sistematizaci贸n de Innovaci贸n 2010.
Prazo presentación: ata o día 25 de xullo de 2010.
Data límite de xustificación: 30 de novembro de 2010.
Subvencións para actuacións destinadas a:
-Sensibilizar e mobilizar as empresas, especialmente as pemes, acerca da importancia da innovación e da necesidade dunha xestión sistemática e profesionalizada desta.
-Ensaiar e implantar procedementos de sistematización dos procesos de innovación nas empresas que redunden nunha maior eficacia deles.
-Desenvolver dinámicas de utilización continuada de servizos externos para a xestión da innovación
como unha actividade habitual da empresa.
-Fomentar o desenvolvemento dunha cultura e estrutura empresarial proclives á innovación.
-Fomentar a cooperación entre axentes do sistema de innovación:
*Favorecendo o traballo conxunto de distintos axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación, o seu mutuo coñecemento e o desenvolvemento de actividades en cooperación especialmente coas pemes ou colectivos de pemes con axentes xeradores de coñecemento.
*Contribuíndo á xeración de proxectos de I+D+i e en particular de proxectos de colaboración.
*Fomentando a transferencia de coñecemento, resultados de investigación e tecnoloxía.
MODALIDADE A:
Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación sistemática e profesionalizada.
MODALIDADE B:
Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais de ámbito xeográfico e/ou sectorial e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en pemes, en particular:
-Implantación de metodoloxías e sistemas de xestión da innovación.
-Adecuación das estruturas organizativas para facilitar a implantación, dinamización ou sistematización dos procesos de innovación.
-Creación e dinamización de equipos/grupos de traballo de innovación na empresa.
-Estudos de oportunidade, nos que se incluirán revisións do estado da arte, análises de situación actual e prospectiva e viabilidade económico-financeira do desenvolvemento dos resultados dun proxecto de I+D+i ata a fase comercial.
-Auditorías tecnolóxicas e de innovación.
© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados
Aviso Legal
(Galego Castellano)
Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve



